A práctica de exercicio con realidade virtual mellora a sintomatoloxía dos pacientes de párkinson (2024)

O desenvolvemento de programas de exercicio físico de alta intensidade nos que se combina o uso da realidade virtual inmersiva co traballo cun cicloergómetro intelixente permite acadar melloras en parámetros funcionais da calidade de vida e da sintomatoloxía das persoas con párkinson. Esta é a principal conclusión do proxecto ReViPark, que o grupo HealthyFit, integrado no Instituto de Investigación Galicia Sur e formado por docentes das facultades de Ciencias da Educación e do Deporte e Fisioterapia da Universidade de Vigo, desenvolveu ao abeiro da primeira edición da convocatoria intramural de axudas á investigación biomédica do IIS Galicia Sur.

Exercicio intenso, pero seguro

Como explicaba recentemente o investigador Pablo Campo, na xornada de presentación de resultados do proxecto Efecto do pedaleo a alta intensidade executado nunha contorna de realidade virtual inmersiva na enfermidade do párkinson (ReViPark), este estudo toma como punto de partida investigacións previas sobre os beneficios, físicos e cognitivos, da práctica dunha actividade física “intensa, dunha forma regular” nas persoas afectadas por esta enfermidade neurodexenerativa.

Nese senso, o proxecto tiña como obxectivo “explorar o posible efecto modificador sobre a progresión” desta enfermidade dun programa de exercicio que combinase o traballo cun cicloergómetro intelixente MotoMed, que asiste ao usuario no pedaleo, permitindo levar a cabo o exercicio a unha intensidade elevada dunha forma segura, co seu desenvolvemento nunha “contorna virtual inmersiva” a través duns lentes de realidade virtual. Como lembrou Campo, os diferentes estudos que o grupo HealthyFit, que dirixe o catedrático José María Cancela, levou a cabo nos últimos anos sobre o desenvolvemento de programas de exercicio terapéutico con este tipo de dispositivos constataron “a validez dunha ferramenta como a realidade virtual inmersiva para facer que estas terapias sexan máis motivadoras e xeren unha maior adherencia”.

No acto promovido polo IIS Galicia Sur, participaron tamén Diana Valverde Pérez, catedrática do Departamento de Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía da Universidade de Vigo e investigadora do Grupo de Enfermidades Raras e Medicina Pediátrica do IISGS; Xesús Represas, subdirector de Humanización e Atención á Cidadanía da Área Sanitaria de Vigo, e Eva Poveda, directora Científica do IIS Galicia Sur, que deron a benvida ás asociacións de pacientes a aos seus familiares e introduciron a presentación deste proxecto.

Colaboración das asociacións de pacientes

Os resultados deste estudo publicáronse recentemente na revista científica Applied Sciences e a investigación levouse a cabo coa participación de 54 usuarios e usuarias das asociacións de párkinson de Vigo e do Baixo Miño. Tratouse dun programa de “pedaleo de alta intensidade” levado a cabo ao longo de tres meses, que permitiu constatar, como explicou Campo, tanto que se trata dunha actividade “segura”, que estes pacientes poden realizar “sen ningún tipo de problemas”, como as melloras que supuña “en parámetros funcionais de calidade de vida e de sintomatoloxía”.

Grazas á colaboración das asociacións de párkinson de Vigo e do Baixo Miño, lembrou, a investigación levouse a cabo con 52 persoas voluntarias, que ao longo de tres meses realizaron dúas sesións semanais de exercicio, de 25 minutos de duración, nas que asistidos polo cicloergómetro pedaleaban a unha cadencia de entre 80 e 90 revolucións por minuto. Un grupo de 22 pacientes, pertencentes á asociación do Baixo Miño, realizou este programa unicamente co MotoMed, conformando o “grupo control”, mentres que outros 30 participantes levárono a cabo cuns lentes de realidade virtual “un programa de pedaleo forzado en contornas virtuais”, no que tiñan que realizar “de maneira simultánea pequenas tarefas de estimulación cognitiva, mentres pedaleaban por escenarios como París ou Venecia”, apuntou Campo.

Melloras nos dous grupos de traballo

Rematado o programa realizáronse unha serie de avaliacións, co propósito de coñecer a súa incidencia “na progresión de enfermidade”, en aspectos como o equilibrio e a marcha ou na calidade de vida das e dos participantes, así como outra serie de “parámetros específicos” sobre o uso de realidade virtual inmersiva. Os resultados amosan que o programa xerou “melloras nalgúns parámetros físicos, como a simetría dos membros inferiores e na velocidade media cando se traballa de forma activa” en ambos dous grupos.

Do mesmo xeito, o traballo a alta intensidade co cicloergómetro motivou tamén a constatar melloras na “progresión e evolución” desta enfermidade neurodexenerativa, tanto no referido “á progresión dos síntomas motores como non motores”, tamén en ambos grupos. Non obstante, estes resultados “foron mellores” no grupo que desenvolveu o programa cos lentes de realidade virtual, que tamén presentaba “melloras significativas” con respecto ao grupo control en aspectos referidos a “equilibrio, marcha e equilibrio dinámico, que é moi importante nesta poboación e que habitualmente ten un maior risco de caídas”, sinalou Campo.

Financiado polo IIS Galicia Sur, neste proxecto participaron, xunto a Cancela e Campo, as tamén investigadoras do grupo HealthyFit Iria Cabo e Helena Vila, así como o investigador do grupo de Neurociencia Traslacional do IISGS, Carlos Spuch, e a tamén catedrática da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Margarita Pino, do grupo Gies-10.

A práctica de exercicio con realidade virtual mellora a sintomatoloxía dos pacientes de párkinson (2024)
Top Articles
Nikki Catsouras: The Tragic Story Behind The Infamous Pictures
Nikki Catsouras: The Tragic Story Behind The Crash Pics
Xre-02022
NOAA: National Oceanic & Atmospheric Administration hiring NOAA Commissioned Officer: Inter-Service Transfer in Spokane Valley, WA | LinkedIn
Parke County Chatter
Craigslist Niles Ohio
Nehemiah 4:1–23
The 10 Best Restaurants In Freiburg Germany
Phenix Food Locker Weekly Ad
Bloxburg Image Ids
Rainfall Map Oklahoma
Brutál jó vegán torta! – Kókusz-málna-csoki trió
Slope Unblocked Minecraft Game
Craigslist Mpls Cars And Trucks
Aldi Sign In Careers
Craigslist Free Stuff Greensboro Nc
1-833-955-4522
Exterior insulation details for a laminated timber gothic arch cabin - GreenBuildingAdvisor
Leccion 4 Lesson Test
Directions To Nearest T Mobile Store
Trivago Myrtle Beach Hotels
Accuradio Unblocked
Dal Tadka Recipe - Punjabi Dhaba Style
The Powers Below Drop Rate
Shiny Flower Belinda
Striffler-Hamby Mortuary - Phenix City Obituaries
Generator Supercenter Heartland
Otis Inmate Locator
Craigslist Scottsdale Arizona Cars
Bt33Nhn
Selfservice Bright Lending
Xemu Vs Cxbx
Publictributes
Armageddon Time Showtimes Near Cmx Daytona 12
Bunkr Public Albums
Clausen's Car Wash
Best Restaurants West Bend
Leland Nc Craigslist
Levi Ackerman Tattoo Ideas
Sechrest Davis Funeral Home High Point Nc
Searsport Maine Tide Chart
Greg Steube Height
Leland Westerlund
Walmart Listings Near Me
Sams Gas Price San Angelo
Unpleasant Realities Nyt
15:30 Est
Black Adam Showtimes Near Kerasotes Showplace 14
Uno Grade Scale
303-615-0055
Diesel Technician/Mechanic III - Entry Level - transportation - job employment - craigslist
Latest Posts
Article information

Author: Velia Krajcik

Last Updated:

Views: 5970

Rating: 4.3 / 5 (74 voted)

Reviews: 89% of readers found this page helpful

Author information

Name: Velia Krajcik

Birthday: 1996-07-27

Address: 520 Balistreri Mount, South Armand, OR 60528

Phone: +466880739437

Job: Future Retail Associate

Hobby: Polo, Scouting, Worldbuilding, Cosplaying, Photography, Rowing, Nordic skating

Introduction: My name is Velia Krajcik, I am a handsome, clean, lucky, gleaming, magnificent, proud, glorious person who loves writing and wants to share my knowledge and understanding with you.